O modo de utilizalo é moi sinxelo. Debemos ter en conta que o esuche divídese nunha parte superior e outra inferior, as fichas están ordeadas númericamente, tendo en conta que cada ficha sería como cada pregunta que ten o caderno. Na parte inferior quedan 12 casillas numeradas que corresponden coas respostas. Polo tanto, colleríamos na parte superior a ficha un, correspondente á pregunta un e a colocaríamos abaixo en función da resposta correcta .Unha vez postas tódalas respostas,damos volta a todalas fichas e aparece un debuxo. Se ese debuxo é igual o modelo que aparece no cuaderniño, quere dicir que está BEN. Os beneficios son moitos, entre eles:
- Aumenta e perfecciona as aptitudes e competencias.
- Favorece a destreza mental
- O coñecemento destas actividades é acumulativo e progresivo.
- Desenvolve a agudeza visual, pensamento lóxico, a concentración e atención
- Mellora a lateralidade
- Prevén a discalculia( confusión de números )
- Traballan a autonomía no traballo dos nenos e nenas, facendo que sexan eles mesmos quen desenvolvan os exercicos e os corrixan ó mesmo tempo.
Paréceme un recurso moi completo!!!
Si si, a Nico gustoulle moito. Só puntualizar que se che esqueceu nas instruccións, que hai que botarlle os polviños máxicos, eu apañei algunha bronca que outra por non botarllos ;) Graciñas por descubrirnos xogos novos cos que seguir aprendendo.
ResponderEliminarjajajaja, pois sí, ese foi o truquiño para enganchalos!!!
Eliminar