domingo, 9 de noviembre de 2014
Mates, mates ...
Dentro do traballo de matemáticas, imos avanzando nos puzzles: agora xa podemos facer sen axuda os máis doados , e en grupo comezamos cos de 48 pezas, que aínda cústanos un pouco. Introducimos o tangram que trouxo Hugo e que ensinou cómo se xoga, traballamos a psicomotricidade fina ensartando bolas de cores,e estamos aprendendo a xogar á oca ( aínda que algúns xa saben): con este xogo reforzamos o traballo que levamos feito de contar e ademáis aplicado a un xogo social, aprendemos a esperar o turno, a perder, a anticipar estratexias...e na pizarra recordamos cal é o número que segue a outro proposto previamente. No vídeo hai un pequeno resumo :
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario