Este mes estivemos aprendendo algunha cousiña de Malala, o premio Nóbel da paz, centrándonos no esencial: que foi unha defensora dos dereitos das nenas no seu país, a súa valentía, o seu esforzo para ir ao colexio; por outra banda traballamos a escritura da palabra paz en distintos materiais, asociándoa a unha característica positiva destes para expresar cal é a paz que queremos.
Como actividade conxunta co resto das aulas do cole fixemos o soño de cada un de nós e o deixamos nun " pozo dos desexos"; ó día seguinte outros nenos/as escribiron os consellos a seguir para acadar o noso soño e por suposto, nós tamén aconsellamos a outros compañeiros.
Este foi o resultado:
No hay comentarios:
Publicar un comentario