Querían investigar nun proxecto sobre pintores, así que, presenteilles a Dalí e as súas obras e confirmaron que lles gustaba. Comezamos observando algúnha das súas pinturas e escoitando algo sobre a súa biografía. Dende o primeiro momento tiveron unha gran motivación e moitísima curiosidade por todo; Descubrimos os elementos, materiais e ferramentas que necesita un pintor: lienzo, paleta de plástico, de madeira, óleos, acuarelas, pinceis...,
Analizamos o cadro: " LA PERSISTENCIA DE LA MEMORIA": observamos, realizamos preguntas, as cores, número de reloxos, descubrimos os insectos e o seu significado, quén pode ser o que está durmido baixo o reloxo, en qué se inspirou o pintor para crear estes reloxos derretidos; Coñecimos varios tipos: de area, dixital, analóxico ... (o de sol hai que coñecelo no porto).
Despois o reproducimos, para iso coas tres cores primarias( vermello, azul e amarelo) xogamos a crear novas cores buscando similitudes con esta obra de Salvador Dalí.
Contento e orgulloso cando crea novas cores
Facendo os reloxos con plastilina ( primeiro realizamos unha esfera e despois a estiramos co rodillo )
E aquí o resultado final:
No hay comentarios:
Publicar un comentario