viernes, 26 de septiembre de 2014

O noso mural


Levamos toda a semana preparando o noso mural expositor de Outono, pintando coas cores desta estación, facendo esculturas que representan árbores sen follas, escribindo a poesía de Antonio García Teijeiro, que tanto nos gusta rapeala; en definitiva, decoración para darlle un pouco de vida á entrada da nosa clase.
Seguramente incorporemos máis cousiñas, pero para comezar coa estación non está mal.


Oservando o outono

Xa se notan os cambios na paisaxe: o outono chegou, e con él disfrutamos das diferentes cores no noso contorno: estivemos no patio recollendo castañas, noces, landras; puidemos ver as diferentes árbores e as súas follas...


jueves, 25 de septiembre de 2014

Activades de motricidade fina

A importancia de realizar actividades de motricidade para fortalezar a musculatura da man e dos dedos, así  como adquirir destrezas e habilidades que lle sirvan para a presente vida cotiá e para a súa futura escritura, ademáis de traballar a coordinación óculo-manual na que é necesaria unha atención, ( entre outras moitas cousas..).
Ainda que a simple vista parecen actividades moi sinxelas, requiren dun esforzo .. aquí deixo un pequeno vídeo...

miércoles, 24 de septiembre de 2014

Unha sorpresa!!!

Unha das cousas máis bonitas do meu traballo son os detalles que teñen os nenos e nenas. Tódolos días me traen un ramiño de frores do patio, fanme un debuxo, prantanme un bico inesperado.. nesta ocasión, Noa coa axuda da súa nai Giovanna, fixo esta fantástica obra de arte. Moitas gracias !!! gustoume moito, moito!!! 






Visita á nosa biblioteca

Esta semana visitamos a biblioteca do cole: a partir de agora iremos moitas máis veces. A partir de Outubro tamén podedes vir  polas tardes con eles.Aquí podedes ver as fotos dos lectores de 4 anos:








domingo, 21 de septiembre de 2014

Mamá, escribo a miña maneira!!!

Paréceme un artigo interesante:

Preme aquí

A Cebra Camila

Hugo quixo contarnos o conto da cebra Camila, foi moi divertido e estiveron todos/as moi atentos...







Primeiras Actividades do curso

Benvidos ó curso 2014/2015!!!
 Sinto a tardanza, pero aquí vos deixo algunhas das actividades que estivemos a facer estas dúas semanas. A verdade é que son uns nenos e nenas moi colaboradores e participativos e gústalles calquera actividade que plantexamos na clase.