martes, 27 de enero de 2015

HUGO : EU SON EXPERTO EN....

Hugo é o experto en motos; Explicounos xunto cos seus pais tódalas partes da moto  e o seu funcionamento nunhas maquetas, amosounos os seus pilotos favoritos, a vestimenta dos motoristas: os cascos, guantes, monos, botas... aprendimos o saludo dos motoritas: RÁFAGAS E GAS!!!  e finalmente baixamos ao patio para ver e montar na súa moto.
Moitas gracias por este ratiño tan divertido!!!


HUGO: EU SON EXPERTO EN ...

Hugo mostrounos as súas habilidades contando e cantando,e,aínda que estivo un pouquiño vergoñoso, mostrándolle o seu apoio e axuda estivo Natalia, a súa nai que trouxo unha gran sorpresa vestida de lobo feroz. Todos quixeron probar o disfraz.
Ó rematar entregounos unhas bolsas de patatas.
Moitas gracias!!! Pasámolo xenial!!!!


SOFÍA: EU SON EXPERTA EN...

Sofía fixo unha demostración de que é unha superexperta xogando ao parchís. Acompañouna  a súa nai e explicounnos moi ben as regras do xogo e desfrutamos todos xuntos botando unha partidiña. Ao rematar regalounos un parchís e un enorme dado para colorear e montar xunto cunha lambonadiña.
Estupenda a actividade!!! Moitas gracias!!!!





 


miércoles, 21 de enero de 2015

NOELIA: EU SON EXPERTA EN....

Noelia é unha artista das manualidades e dos contos e, para realizar o seu proxecto acompañouna a súa nai Fátima; fantástica a complicidade e compenetración que se pode observar entre nai e filla. Aínda que Noelia ía comezar co conto, entroulle o medo escénico e preferíu comezar coa parte plástica, despois, máis relaxada, contounos o conto. Para rematar ,aprendeunos a xogar ao quén é quén de Peppa Pig no que é toda unha experta .Finalmente entregounos un detalle para cada un: debuxos de Peppa para colorear e unha lambonada.
Moitas Gracias por este ratiño que pasamos!!!








NOA: EU SON EXPERTA EN...

Comezamos co proxecto: EU SON EXPERTO/ A en....
Noa foi a primeira decidida en presentarnos as súas habilidades e talento para contar contos, realizar manualidades e para axudar aos compañeiros.
Gustaríame agradecer a colaboración de todas as familias  dos nenos/as, porque sei que estades adicando moito tempo na planificación destes talleres, pero aínda que é algo laborioso, creo que realmente é un tempo invertido e compartido cos vosos peques disfrutando na preparación das activididades ;
Nestes vídeos deixo un pequeno resumo do seu proxecto.










CUMPLE DE NOA E SOFÍA

Esta semana cumpliron anos Noa e Sofía e compartiron connosco uns bizcoitos deliciososssssss!!!!
Felicidades chicas !!!!







martes, 20 de enero de 2015

BAILE DE INVERNO

Ahí vai a nosa actuación do festival de inverno para os que non puideron asistir . Cortesía de Óscar e Marta, que me pasaron o vídeo para que todos/as o disfrutemos



domingo, 18 de enero de 2015

Baile

Esta semana estiveron obsesionados con esta canción de Susa Herrera:









Sinal de tesouras


Noelia: Que se corta el coche
Noa: Que se corta la carretera
Hugo P: Que se corta el volante
Candela: Que se corta el asiento de atrás y el maletero
Dari: Que se cortan las ruedas
Nico: Hay tijeras no chan y cortan las ruedas
Hugo M: Que se pincha una rueda con las tijeras
Hugo M: Que hay que cerrar las tijeras
Noa: Había una niña y cruzó al lado de la otra niña porque en el otro lado no había tijeras.

¿Qué pasaría se non houbese sol?

Na asamblea plantexamos a seguinte pregunta: ¿ qué pasaría se non houbese sol?

Sofía: Cogeríamos catarro
Nico: Cando eres bebé tés que tomar sol porque é unha medicina para os bebés. Ten vitamina D. En Holanda tes que tomar Vitamina D porque casi non da o sol.
Dari: Nos pondríamos malitos. 
Nico: A vitamina D é como un xarabe
Hugo M: Si no hay sol tienes que ir para otra ciudad sino te mueres. Se mueren los niños
Nico: A vitamina D é o Sol. Teño primitos e toman Vitamina D. Failles medrar moi rápido.
Hugo M: Se pueden morir los papás de los niños y los niños quedan solos
Noa: Si no te echas crema , la piel se pone quemadita con el sol
Sofía: Se secan las plantas.

CAIXAS SENSORIAIS


Esta semana estivemos difrutando coas nosas caixas sensoriais: area, fariña, sal, tapas planas de cores, tapas de rotuladores, suaves pompóns... Con elas xogamos a trasvasar, amasar, sentir, clasificar, comparar, ordear, diferenciar texturas...
Educar os sentidos vai influir no desenvolvemento neuronal do neno/a dándolle a posibilidade de aumentalas súas conexións. Trátase de que sexan capaces de percibir, interpretar, experimentar sensacións que serán fonte de coñecemento e relación co mundo.










AS NOSAS ACUARELAS


Facendo limpeza dos rotuladores, separamos aqueles que xa non pintaban ben dos outros e puidemos darlle unha segunda vida deixándoos metidos na auga para poder crear así, as nosas propias acuarelas. É importante que saiban que as cousas teñen máis dunha utilidade e que en vez de tiralas podemos aproveitalas para darlle outro uso. Esta semana xa experimentamos con elas.








REGALOS DOS REIS MAGOS

Os Reis Magos deixáronnos un agasallo para xogar todos xuntos na clase: complementos para disfrazarnos como por exemplo un gorro pirata, un parche, un garfio, narices, un gorro de policía, orellas de coello,móviles...Agora xa temos un recuncho de disfraces moi xeitoso.