viernes, 21 de noviembre de 2014

Magosto 2014


Foi un día fantástico, no que fixemos xogos tradicionais e bailes, ademáis de disfrutar da merenda das castañas asadas.

Unha visita moi especial

Gemma, a nai de Leire foi a primeira voluntaria en vir a nosa clase e compartir dous fantásticos libros que leu con moita ilusión: A princesa que bocexaba a todas horas e ¿Hay algo más aburrido que ser unha princesa rosa?.
Ademáis , trouxo un agasallo moi doce para cada un.
Moitas Gracias pola túa participación Gemma!!!





domingo, 9 de noviembre de 2014

Percusión corporal

Desenvolvemos a atención, memoria, concentración, ritmo e coordinación, ( entre outros aspectos ) a través da percusión corporal, 











Cousas de letras

Dentro do traballo de lectoescritura, temos momentos de elaborar palabras todos xuntos e outros de formalas de maneira individual, traballo de escritura dirixida: axundándolles cos sons, copiado de palabras de tarxetas e traballo de escritura espontánea na que eles son os constructores da súa escritura, ainda que non sexa tan perfecta;


Mates, mates ...

Dentro do traballo de matemáticas, imos avanzando nos puzzles: agora xa podemos facer sen axuda os máis doados , e en grupo comezamos cos de 48 pezas, que aínda cústanos un pouco. Introducimos o tangram que trouxo Hugo e que ensinou cómo se xoga, traballamos a psicomotricidade fina ensartando bolas de cores,e estamos aprendendo a xogar á oca ( aínda que algúns xa saben): con este xogo reforzamos o traballo que levamos feito de contar e ademáis aplicado a un xogo social, aprendemos a esperar o turno, a perder, a anticipar estratexias...e na pizarra recordamos cal é o número que segue a outro proposto previamente. No vídeo hai un pequeno resumo :



sábado, 8 de noviembre de 2014

Proxecto Princesas

Diseñamos e creamos un castelo, ainda que nun primeiro momento pensabamos na cor rosa, estivemos vendo en interné que están feitos de pedra, que teñen torres e unha gran cantidade de xardíns, polo que finalmente foi o que elaboramos. Sorprendeunos moito que a princesa do noso país sexa tan pequena e que o seu vestuario non se reduza ós vestidos nin o rosa.
 Estamos a elaborar un libriño coas fotos das princesas que houbo na historia mundial, escribindo de onde eran e vimos que son de moitas razas e os seus atuendos son moi variados. Ainda queda moito por facer, pero deixo este resumo:



Proxecto nubes

Dentro deste proxecto investigamos os distintos tipo de nubes e algunhas delas as debuxamos con ceras brandas, descubrimos que non todalas nubes son brancas como pensabamos, estamos a aprender cómo se forman, limos a simboloxía do xornal que nos indica a predición metereolóxica, estamos descubrindo a Dalí e a súa obra na que as nubes teñen unha gran relación cos soños...


Proxecto animais

Xa levamos un tempiño cos proxectos, nestes vídeos deixo un resumo do que estamos a realizar: investigar, buscar información, clasificar, escritura de nomes dos animais que imos descubrindo,observar e comparar, dialogar e debatir sobre o observado, escoitar os demáis, compartir momentos cos nenos e nenas de 2º que tras preparar os libros dos nosos proxectos, baixan  ler na hora de lectura, crear contornos e hábitats dos animais con diferentes materiais, reflexar con diferentes  técnicas sobre o aprendido: modelado, recortado, debuxo...