lunes, 16 de febrero de 2015

ENTROIDO 2015

Todos e todas guapisísimos e guapisísimas!!!!!!!!!!!!!!!


CANDELA: EU SON EXPERTA EN...

Candela é unha experta no manexo da tablet e os seus xogos, encende, apaga, cambia de xogo e coida dunhas mascotas na súa tablet. Todos e todas estiveron desexando probala tamén e, ela foi tan xenerosa que deixoulles xogar .


domingo, 15 de febrero de 2015

jueves, 12 de febrero de 2015

MUSEO DE DALÍ

Fixemos unha visita virtual polo Museo de Dalí en Figueres. Entramos en distintas salas e puidemos ver as obras que había , o teito, o xardín...


preme na imaxe para viaxar dentro do Museo


DALÍ: TERCEIRA PARTE

Coñecimos a importancia do seu bigote e pintamos os nosos propios bigotes nunha fotografía.

Xa descubrimos que Dalí viaxou e vivíu en diferentes cidades: Barcelona, Madrid, París, Londres e Nueva York. Vimos monumentos emblemáticos dalgunhas delas e agora estamos a reproducilas nas construcción. Comezamos coa Torre Eiffel.




DALÍ: SEGUNDA PARTE

Esta vez representamos o cadro " GALATEA DE LAS ESFERAS ". Fixemos o noso propio debuxo e estampamos con tapóns as esferas.

















DALÍ : PRIMEIRA PARTE

Querían investigar nun proxecto sobre pintores, así que, presenteilles a Dalí e as súas obras e confirmaron que lles gustaba. Comezamos observando algúnha das súas pinturas e escoitando algo sobre a súa biografía. Dende o primeiro momento tiveron unha gran motivación e moitísima curiosidade por todo;  Descubrimos os elementos, materiais e ferramentas que necesita un pintor: lienzo, paleta de plástico, de madeira, óleos, acuarelas, pinceis...,



Analizamos o cadro: " LA PERSISTENCIA DE LA MEMORIA": observamos, realizamos preguntas,  as cores, número de reloxos, descubrimos os insectos e o seu significado, quén pode ser o que está durmido baixo o reloxo, en qué se inspirou o pintor para crear estes reloxos derretidos; Coñecimos varios tipos: de area, dixital, analóxico ... (o de sol hai que coñecelo no porto).  







 Despois o reproducimos, para iso coas tres cores primarias( vermello, azul e amarelo) xogamos a crear novas cores buscando similitudes con esta obra de Salvador Dalí. 




Contento e orgulloso cando crea novas cores

Facendo os reloxos con plastilina ( primeiro realizamos unha esfera e despois a estiramos co rodillo )



E aquí o resultado final: