domingo, 29 de marzo de 2015

Poliño ten varicela

Algúns alumnos de 5º e 6º representaron na biblioteca na hora de lectura o conto: " Pollito tiene Varicela". Estivo moi simpático e fíxoselles moi curto.

preme na imaxe 

Experimento con maxia!!

Nico preparou un experimento máxico na súa casa e na clase explicounos a todos/as cómo a moneda desaparecía á nosa vísta. Despois, todos probamos a facer a maxia coa súa axuda.










Taller de Cociña

Arrancamos co taller de cociña e a primeira voluntaria en convertirse en reposteira foi Leire que, xunto coa súa nai trouxeron dúas recetas: brochetas de froitas e "tarta de huesito", foi todo un éxito
( especialmente a nutella)













Os músicos de Bremen

Na hora da lectura imos moitas veces á biblioteca para ver e escoitar contos, así como representacións teatrais realizadas por outros compañeiros/as. Nesta ocasión foi a obra " Os músicos de Bremen"


os artistas( preme na imaxe)



O sistema Solar

Este trimestre os nenos e nenas de 5 anos estiveron investigando sobre o sistema solar e para rematar o seu proxecto quixeron expoñer todo o aprendido,  nos invitaron a súa clase e disfrutamos moito das explicacións, ( ainda que a historia da cadela Laika deunos moita lástima)
Maite tamén mostrounos un libro máxico que se veía na escuridade e, como anécdota, Hugo fixo voluntariamente o papel do planeta máis pequeno  porque faltaba unha nena de 5 anos e case sen preparalo explicouno moi ben :)







A primavera

Aproveitando o bo tempo saímos ao patio para observar os cambios da estación, as nosas árbores e fixemos un debuxo da primaveira .



















A batería de Hugo

Experimento sobre enerxía

Noa mostrounos un experimento sobre enerxía cun circuito que preparou na casa. Nestes vídeos hai un resume:

domingo, 22 de marzo de 2015

UN POUCO DE TODO

Esta semana seguimos a xogar ao bingo, cinquillo, dominó de medios de transporte, elaborar collares e tamén fixemos os nosos marcadores de libros ( que non marcapáxinas) para manter orde na biblio: así, sempre que collemos un libro dun estante  deixamos o marcador no sitio do libro e cando o voltamos a poñer no seu sitio sacamos o marcador.