miércoles, 17 de diciembre de 2014

MÁIS VOLUNTARIAS CONTACONTOS

preme na imaxe

A OUTRA HISTORIA DO LOBO FEROZ

preme na imaxe 


Este mes está cheo de contacontos na hora de lectura; esta vez foi a mestra Mariajo.

XESTIONAR AS EMOCIÓNS

O MONSTRUO DE CORES

Este conto é fantástico, gustoulles moitísimo : vímolo en youtube e Noa, que xa o tiña na casa, o trouxo á clase para compartilo con nós.


 

OS NOSOS MONSTRUOS DE CORES:


¿ QUÉ É O QUE SE ME DA BEN?

SALTAR Á CORDA


FACER MAPAS


FACER DEBERES


BAILAR


PATINAR


COIDAR MASCOTAS



XOGAR Ó FÚTBOL CON PAPÁ E MAMÁ


XOGAR Ó FÚTBOL


XOGAR Ó FÚTBOL




O AMOR

Este é un rexistro dalgunhas das nosas conversas:

¿ Cómo mostramos ou damos amor?

Noa: Dando besos y cariños
Leire Pereira: Dando caricias y abrazos
Dari: Dar besos y también querer
Leire Pereira: Abrazar a papá, mamá y a nuestros hijos y abuelos
Candela: y a los animales y tiendas de mascotas
Ainhoa: Dando besos y caricias
Nico: Con besos y montando puzzles con papá y mamá
Noa: Yo demuestro el amor por todos
Leire Pereira: Yo demuestro el amor por los compañeros
Hugo Méndez: Yo trato a mamá con amor
Dari: Yo trato a mamá con abrazos y besitos

¿ Qué outras maneiras temos para demostrar el amor?

Ainhoa: Ponerle ropa a los hermanos pequeños
Noa: Tratar bien a la gente
Leire Pereira: Ayudar a los compañeros
Hugo Méndez: Ayudar a recoger
Noa: Ayudar a andar a los viejitos
Nico: Poner ropa a los primitos
Leire Graña: Ayudando a la abuela a levantarse
Xian: Ayudar al abuelo
Leire Graña: Un día encontramos un perro herido con su hijo muerto y lo llevamos al veterinario y lloramos

¿ A qué huele el amor?

Noa: A fresa
Dari: A flores
Hugo Méndez: A limón
Noelia: A manzana
Nico: Corazón
Candela: A amigos de mascotas
Leire Graña: Lila
Leire Pereira: A mandarina
Noa: A millo
Leire Pereira: Cheira a fotos

¿ A qué sabe el amor?

Nico : A blanco
Hugo Pereira: A queso
Dari: A manos
Sofia: A chocolate, a pólen
Candela: A blanquito y negro
Sofía: A corazón

SORPRESA!!!

E de súpeto, apareceu alguén moi especial...




OS NOSOS DESEXOS

Dentro do traballo de educación emocional que estamos a levar a cabo na aula, incluimos os desexos para entregarlle a Papá Noel; eles entenderon moi ben que na casa xa escriben a carta para él ou para os Reis Magos e no cole, tiñamos que facer algo diferente , máis altruista: pedir un desexo non material , que saira do noso corazón.
No primeiro video están os desexos dos nenos e nenas e no segundo vídeo as tomas falsas; algúns non saen neste último porque conseguiron pedir o desexo á primeira.








lunes, 8 de diciembre de 2014

Saída á biblioteca

O pasado mércores fixemos unha saída a biblioteca " Juan Compañel", e alí recibíronnos fantásticamente: César contounos cómo funciona , qué podemos atopar, cales son as normas e despois de dar unha volta pola mesma ensinounos o libro máis grande e máis pequeno, contounos algún conto e tamén fixemos maxia. As caras dos nenos e nenas o din todo.








A LACTANCIA MATERNA

Debuxos que fixeron os nenos e nenas da clase para participar no concurso sobre a lactancia materna.




POSTAIS PARA FELICITAR O NOVO ANO


viernes, 21 de noviembre de 2014

Magosto 2014


Foi un día fantástico, no que fixemos xogos tradicionais e bailes, ademáis de disfrutar da merenda das castañas asadas.

Unha visita moi especial

Gemma, a nai de Leire foi a primeira voluntaria en vir a nosa clase e compartir dous fantásticos libros que leu con moita ilusión: A princesa que bocexaba a todas horas e ¿Hay algo más aburrido que ser unha princesa rosa?.
Ademáis , trouxo un agasallo moi doce para cada un.
Moitas Gracias pola túa participación Gemma!!!





domingo, 9 de noviembre de 2014

Percusión corporal

Desenvolvemos a atención, memoria, concentración, ritmo e coordinación, ( entre outros aspectos ) a través da percusión corporal, 











Cousas de letras

Dentro do traballo de lectoescritura, temos momentos de elaborar palabras todos xuntos e outros de formalas de maneira individual, traballo de escritura dirixida: axundándolles cos sons, copiado de palabras de tarxetas e traballo de escritura espontánea na que eles son os constructores da súa escritura, ainda que non sexa tan perfecta;


Mates, mates ...

Dentro do traballo de matemáticas, imos avanzando nos puzzles: agora xa podemos facer sen axuda os máis doados , e en grupo comezamos cos de 48 pezas, que aínda cústanos un pouco. Introducimos o tangram que trouxo Hugo e que ensinou cómo se xoga, traballamos a psicomotricidade fina ensartando bolas de cores,e estamos aprendendo a xogar á oca ( aínda que algúns xa saben): con este xogo reforzamos o traballo que levamos feito de contar e ademáis aplicado a un xogo social, aprendemos a esperar o turno, a perder, a anticipar estratexias...e na pizarra recordamos cal é o número que segue a outro proposto previamente. No vídeo hai un pequeno resumo :



sábado, 8 de noviembre de 2014

Proxecto Princesas

Diseñamos e creamos un castelo, ainda que nun primeiro momento pensabamos na cor rosa, estivemos vendo en interné que están feitos de pedra, que teñen torres e unha gran cantidade de xardíns, polo que finalmente foi o que elaboramos. Sorprendeunos moito que a princesa do noso país sexa tan pequena e que o seu vestuario non se reduza ós vestidos nin o rosa.
 Estamos a elaborar un libriño coas fotos das princesas que houbo na historia mundial, escribindo de onde eran e vimos que son de moitas razas e os seus atuendos son moi variados. Ainda queda moito por facer, pero deixo este resumo:



Proxecto nubes

Dentro deste proxecto investigamos os distintos tipo de nubes e algunhas delas as debuxamos con ceras brandas, descubrimos que non todalas nubes son brancas como pensabamos, estamos a aprender cómo se forman, limos a simboloxía do xornal que nos indica a predición metereolóxica, estamos descubrindo a Dalí e a súa obra na que as nubes teñen unha gran relación cos soños...


Proxecto animais

Xa levamos un tempiño cos proxectos, nestes vídeos deixo un resumo do que estamos a realizar: investigar, buscar información, clasificar, escritura de nomes dos animais que imos descubrindo,observar e comparar, dialogar e debatir sobre o observado, escoitar os demáis, compartir momentos cos nenos e nenas de 2º que tras preparar os libros dos nosos proxectos, baixan  ler na hora de lectura, crear contornos e hábitats dos animais con diferentes materiais, reflexar con diferentes  técnicas sobre o aprendido: modelado, recortado, debuxo...



















jueves, 30 de octubre de 2014

jueves, 23 de octubre de 2014

Números e cantidades
















Miniarco

O modo de utilizalo é moi sinxelo. Debemos ter en conta que o esuche divídese nunha parte superior e outra inferior, as fichas están ordeadas númericamente, tendo en conta que cada ficha sería como cada pregunta que ten o caderno. Na parte inferior quedan 12 casillas numeradas que corresponden coas respostas. Polo tanto, colleríamos na parte superior a ficha un, correspondente á pregunta un e a colocaríamos abaixo en función da resposta correcta .Unha vez postas tódalas respostas,damos volta a todalas fichas e aparece un debuxo. Se ese debuxo é igual o modelo que aparece no cuaderniño,  quere dicir que está BEN. Os beneficios son moitos, entre eles:
- Aumenta e perfecciona as aptitudes e competencias.
- Favorece a destreza mental
- O coñecemento destas actividades é acumulativo e progresivo.
- Desenvolve a agudeza visual, pensamento lóxico, a concentración e atención
- Mellora a lateralidade
- Prevén a discalculia( confusión de números )
- Traballan a autonomía no traballo dos nenos e nenas, facendo que sexan eles mesmos quen desenvolvan os exercicos e os corrixan ó mesmo tempo.

Paréceme un recurso moi completo!!!





miércoles, 22 de octubre de 2014

Contos de medo

Xa chega o Samaín/Halloween, e Noa trouxo un conto moi orixinal que tiñamos que ver a escuras para descubrir as persoaxes terroríficas que aparecían nel. Estivemos atentísimos porque tiñamos unha gran curiosidade  por ver os vampiros, bruxas, lobishomes e outros seres que aparecían ó darlle luz coa linterna, pero que rápidamente voltaban desaparecer.





Un acertixo moi difícil

Éste ainda non o resolvimos, pero é moi moi complicado (ou a min me parece).


Unha relaxación moi dóce

Estes nenos/as foron capaces de relaxarse cun osiño de gominola na fronte. A Dari sentoulle tan ben que ata botou unha sesta durante  un bo rato.





Outro acertixo





miércoles, 15 de octubre de 2014

Pensamos e pensamos cos acertixos

Un acertixo é un enigma ou adiviñanza que se plantexa a modo de pasatempo, pero que ten unha gran cantidade de beneficios: desenvolven a imaxinación e o inxenio, o vocabulario, o sentido do humor, a memoria, e sobre todo me gustan porqué é un reto que teñen diante e teñen que buscarlle unha solución, polo que lles fai pensar e, como tamén está permitido e aconsellado utilizar as preguntas para ir atopando pistas ou posibles solucións, me parece un dos recursos orais máis completos.Xa levamos varios días con eles, e teño que dicir que non pensaba que tiveran tan boa acollida: preguntan e preguntan para atopar a resposta, ou dan solucións, e non queren irse sen un novo enigma.  Este que presento aquí , se non me equivoco xa é o cuarto acertixo e xa se pode ver a cantidade de preguntas e respostas que eles dan.





Máis do recuncho de mates


Esta semana estamos xogando a moitas cousas no recuncho de mates: carreira de peixes, xogo de memo de monstruos , sudokus de cores e elaboración de series cos pompóns. Aquí queda un pequeno resumo do que estamos a facer:



viernes, 10 de octubre de 2014

As escolas matan a creatividade

Ken Robinson, marabilloso orador e autor de varios libros sobre educación fai reflexionar sobre a  educación e os talentos que se perden na escola.

 






Detectives

Ainhoa explicounos un experimento de detectives que trouxo para compartir con todos e que nos chamou a atención:
1º botar os polviños de grafito nun papel
2º manchar o dedo no grafito
3º manchar a pegada no papel
por último, retirar o polviño que sobra do papel cun pincel e ver a nosa huella dactilar coa lupa.