jueves, 30 de octubre de 2014

jueves, 23 de octubre de 2014

Números e cantidades
















Miniarco

O modo de utilizalo é moi sinxelo. Debemos ter en conta que o esuche divídese nunha parte superior e outra inferior, as fichas están ordeadas númericamente, tendo en conta que cada ficha sería como cada pregunta que ten o caderno. Na parte inferior quedan 12 casillas numeradas que corresponden coas respostas. Polo tanto, colleríamos na parte superior a ficha un, correspondente á pregunta un e a colocaríamos abaixo en función da resposta correcta .Unha vez postas tódalas respostas,damos volta a todalas fichas e aparece un debuxo. Se ese debuxo é igual o modelo que aparece no cuaderniño,  quere dicir que está BEN. Os beneficios son moitos, entre eles:
- Aumenta e perfecciona as aptitudes e competencias.
- Favorece a destreza mental
- O coñecemento destas actividades é acumulativo e progresivo.
- Desenvolve a agudeza visual, pensamento lóxico, a concentración e atención
- Mellora a lateralidade
- Prevén a discalculia( confusión de números )
- Traballan a autonomía no traballo dos nenos e nenas, facendo que sexan eles mesmos quen desenvolvan os exercicos e os corrixan ó mesmo tempo.

Paréceme un recurso moi completo!!!





miércoles, 22 de octubre de 2014

Contos de medo

Xa chega o Samaín/Halloween, e Noa trouxo un conto moi orixinal que tiñamos que ver a escuras para descubrir as persoaxes terroríficas que aparecían nel. Estivemos atentísimos porque tiñamos unha gran curiosidade  por ver os vampiros, bruxas, lobishomes e outros seres que aparecían ó darlle luz coa linterna, pero que rápidamente voltaban desaparecer.





Un acertixo moi difícil

Éste ainda non o resolvimos, pero é moi moi complicado (ou a min me parece).


Unha relaxación moi dóce

Estes nenos/as foron capaces de relaxarse cun osiño de gominola na fronte. A Dari sentoulle tan ben que ata botou unha sesta durante  un bo rato.





Outro acertixo





miércoles, 15 de octubre de 2014

Pensamos e pensamos cos acertixos

Un acertixo é un enigma ou adiviñanza que se plantexa a modo de pasatempo, pero que ten unha gran cantidade de beneficios: desenvolven a imaxinación e o inxenio, o vocabulario, o sentido do humor, a memoria, e sobre todo me gustan porqué é un reto que teñen diante e teñen que buscarlle unha solución, polo que lles fai pensar e, como tamén está permitido e aconsellado utilizar as preguntas para ir atopando pistas ou posibles solucións, me parece un dos recursos orais máis completos.Xa levamos varios días con eles, e teño que dicir que non pensaba que tiveran tan boa acollida: preguntan e preguntan para atopar a resposta, ou dan solucións, e non queren irse sen un novo enigma.  Este que presento aquí , se non me equivoco xa é o cuarto acertixo e xa se pode ver a cantidade de preguntas e respostas que eles dan.





Máis do recuncho de mates


Esta semana estamos xogando a moitas cousas no recuncho de mates: carreira de peixes, xogo de memo de monstruos , sudokus de cores e elaboración de series cos pompóns. Aquí queda un pequeno resumo do que estamos a facer:



viernes, 10 de octubre de 2014

As escolas matan a creatividade

Ken Robinson, marabilloso orador e autor de varios libros sobre educación fai reflexionar sobre a  educación e os talentos que se perden na escola.

 






Detectives

Ainhoa explicounos un experimento de detectives que trouxo para compartir con todos e que nos chamou a atención:
1º botar os polviños de grafito nun papel
2º manchar o dedo no grafito
3º manchar a pegada no papel
por último, retirar o polviño que sobra do papel cun pincel e ver a nosa huella dactilar coa lupa.





Recuncho de mates








Momentos de relax

Probamos a relaxarnos explotando burbulliñas de plástico e observando as velas, esta última penso que foi a que máis lles gustou, sobre todo pola transformación da vela.


Recuncho de plástica


Actividades de lectoescritura

Estamos experimentando con distintas actividades de lectoescritura: recortar letras, completar cadros, escribir poesías, elexir a nosa palabra preferida dos contos...

viernes, 3 de octubre de 2014

Xogo de pesca

Hoxe xogamos a un xogo de pesca, pero con pompóns de cores. Este xoguiño que parece unha cousa moi simple traballa a psicomotricidade fina, especialmente eses movementos ó apretar á pinza.
Creo que seguiremos con variantes, porque penso que lles gustou...



O elefante encadenado

Gústame moito a fábula de Jorge Bucay " El elefante Encadenado". Estivemos lendo o conto e reflexionando sobre as cadenas que nos poñemos a nós mesmos, polo que temos que evitar dicir non podo, e intentalo as veces que faga falta ata conseguilo. Eles que xa o aprenderon, cando piden axuda dinme: profe, xa o intentei tres veces e non podo!!! ou veñen contentos dicindo: profe non me saía e o intentei e xa podo!!!

Visita musical ó noso c

Esta semana tivemos unha visita moi especial: Os mestres da Escola de Música de Sárdoma viñeron tocar algúns dos instrumentos que ensinan alí. A verdade é que foi moi divertido e todos/as estiveron moi atentos. Os deixo un par de vídeos: o segundo deles é dun artista que ainda non é coñecido, pero que ten moita madeira!!!






Contacontos e máis

Unha boa expresión oral é un dos obxectivos fundamentais nesta etapa, por iso , ainda que sempre estea presente, é importante buscar momentos explícitos para ela, por exemplo na asamblea, no que todos/as contamos as nosas cousas . Candela trouxo o seu peluche favorito, que a acompaña a todas partes e quixo responder a tódalas dúbidas que tiñamos.
Por outra banda, tódolos días hai varios voluntarios/as para contar contos; aquí vos deixo unhas fotitos, xunto coas dos debuxos dos contos do fin de semana que utilizamos para decorar a entrada da biblioteca do cole.


Cómo pintar unha árbore

Este é un claro exemplo de cómo os nenos e nenas aprenden uns dos outros. Noa asumíu ben o papel de  mestra e con toda a súa paciencia é capaz de ir explicando os pasos para pintar unha árbore. É estupendo ver cómo todos/as os compañeiros a escoitan (máis ca min )



jueves, 2 de octubre de 2014

Máis de mates

Un pouco de todo o que facemos de mates... algunhas cousas se repiten, pero será así ó longo de curso , ainda que cada vez profundizando máis. De momento se están a familiarizar con moitos materiais.

Novo proxecto: Nubes, princesas e animais

Como non podiamos poñernos dacordo para elexir un proxecto común , decidimos elaborar tantos proxectos como propostas , así que quedou a cousa desta maneira:

Oito van traballar animais e mascotas
Dúas van a investigar sobre princesas
E outras dúas sobre as nubes.

Isto é un pouco arriscado, pero alí imos: ata o infinito e máis alá.

Comezamos coas ideas que temos sobre o tema e fixemos un debuxo con dúas técnicas: debuxamos con ceras brandas e pintamos con acuarela; chámalles a atención porque como a cera é grasa a acuarela  non logra cubrir por riba dela.