miércoles, 15 de octubre de 2014

Pensamos e pensamos cos acertixos

Un acertixo é un enigma ou adiviñanza que se plantexa a modo de pasatempo, pero que ten unha gran cantidade de beneficios: desenvolven a imaxinación e o inxenio, o vocabulario, o sentido do humor, a memoria, e sobre todo me gustan porqué é un reto que teñen diante e teñen que buscarlle unha solución, polo que lles fai pensar e, como tamén está permitido e aconsellado utilizar as preguntas para ir atopando pistas ou posibles solucións, me parece un dos recursos orais máis completos.Xa levamos varios días con eles, e teño que dicir que non pensaba que tiveran tan boa acollida: preguntan e preguntan para atopar a resposta, ou dan solucións, e non queren irse sen un novo enigma.  Este que presento aquí , se non me equivoco xa é o cuarto acertixo e xa se pode ver a cantidade de preguntas e respostas que eles dan.





3 comentarios:

  1. Canto xogo nos están dando eses acertixos estes días na casa. A Nico encantalle. Estupenda idea.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois na clase tamén!! agora estamos comezando a ilustrar tódalas ideas que plantexamos como solución!!! e o pasan xenial mentres as debuxan!!

      Eliminar
  2. Anónimo10/20/2014

    MAMÁ NOA: Á NOSA PEQUE TAMÉN LLE ENCANTAN!!! SEMPRE NOS PON DEBERES A NÓS A VER SE O ACERTAMOS!

    ResponderEliminar