lunes, 9 de marzo de 2015

Dalí: Oitava parte

O día anterior á exposición que iamos visitar fixemos unha exposición para os nenos e nenas de 3 e 5 anos, 1º,2º, 3º e 4º. O son non é moi bo, porque foi no corredor do colexio con nenos e nenas subindo e baixando e eles moi nerviosos ,tamén falaban baixiño; Non me gusta intervir tanto, pero tiñamos que realizar unha exposición un pouco áxil para que os oíntes non se aburriran, polo que tiña que dirixilos con preguntas e repetindo en alto. Pero queda claro que saben moito moito de Dalí e a súa obra. Moi ben rapaces!!!!

2 comentarios: