jueves, 2 de octubre de 2014

Novo proxecto: Nubes, princesas e animais

Como non podiamos poñernos dacordo para elexir un proxecto común , decidimos elaborar tantos proxectos como propostas , así que quedou a cousa desta maneira:

Oito van traballar animais e mascotas
Dúas van a investigar sobre princesas
E outras dúas sobre as nubes.

Isto é un pouco arriscado, pero alí imos: ata o infinito e máis alá.

Comezamos coas ideas que temos sobre o tema e fixemos un debuxo con dúas técnicas: debuxamos con ceras brandas e pintamos con acuarela; chámalles a atención porque como a cera é grasa a acuarela  non logra cubrir por riba dela.


2 comentarios:

  1. Canto traballo!! e co curiosos/as que son ata me parecen poucos temas os elexidos. Noraboa polo traballo que estades a facer.
    Moitos bicos e apertas para os meus peques.

    ResponderEliminar
  2. hola Tati !!!! qué ben os coñeces, a verdade é que estivemos varios días que si agora este tema que o outro; ó final xa tivemos que decidirnos, e isto quedou. Os bicos serán dados( se non me esquezo); unha aperta grande !!!!

    ResponderEliminar